Novo Trasno Teatro no Poio Escena

CONVERSAS

O vindeiro venres 27 de marzo ás 21:00 Trasno Novo Teatro representará a obra “Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra” na Comunidade de Montes de Combarro.

O representación do grupo vigués encádrase dentro da mostra teatral anual Poio Escena, sendo a primeira función deste ano que se celebra en Combarro.

A obra “Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra” pertence ao xénero dramático e  está dirixida para todos os públicos. A duración estimada da función é de 75 minutos.

Sinopse:

Creación do propio Grupo, baseada en relatos de diversos autores e na ampla información saída á luz co gallo da chamada “Recuperación da memoria histórica”.

Trata do encontro de tres mulleres do mesmo pobo pero de moi distinta condición, unidas na fuxida e distanciadas no seu comportamento ante a vida e o momento histórico que lles toca vivir.

Pretendemos, por unha banda, facer unha homenaxe ás mulleres asasinadas, durante e na posguerra, case sempre anónimas e esquecidas, e por outra, reflexionar, a través da súa mirada, sobre temas que seguen a ser de actualidade: a subxectividade da información, a hipocrisía da sociedade, as relacións de parella, o terrorismo, os abusos do poder e outros.

Entrada

Custará 3€ para o público xeral, e 1€ para todas/os socias/os. Amáis poden adquirir por só 15€ un bono para ver as 12 representacións do PoioEscena, neste caso as socias/os só pagarán 5€.  Se estás interesado envíanos un correo-e a ola@armadinha.gal.

Apoia o Teatro afeccionado!

 

 

You may also like...

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha