IV ABERTO DE BILLARDA “VILA DE COMBARRO”
Podios da 3ª Xornada da LNB da Conferencia Rías Baixas disputada o sábado 28 de setembro no Campo Oficial de Billarda na Reiboa (Poio), na que participaron 85 xogadoras e xogadores de tódalas idades:
Na categoría absoluta acadou o terceiro posto o noso compañeiro Manu, e en infantil Óscar e Ainhoa o segundo e primeiro posto respectivamente.
Como é costume no Aberto Vila de Combarro, entréganse os premios á/ó “Mellor Local”, sendo este ano para Manu en categoría absoluta, Ainhoa en feminina e Óscar en infantil.
Parabéns a todas e todos os premiados!!!