“Que foi do Xabarín?” premiado en Poio

A Asociación Armadiña participou por primeira vez no desfile Entroido de Poio o pasado domingo. O noso grupo fixo unha homenaxe ao programa infantil da TVG “O Xabarín Club” a través dunha carroza que bautizamos  “Que foi do Xabarín?”.

Ao rematar, recibimos unha gran alegría ao concedernos o xurado o 1º premio na categoría de animación de grupos.

Durante o último mes, nenos e maiores da asociación viñeron traballando na decoración da carroza, na creación dos disfraces e na animación que se puido ver durante o percorrido do pasado domingo.

Queremos realizar un agradecemento especial a  compañía de transportes Trabegóns e en especial a Suso Míguez,  o conductor do grupo máis animado do desfile de Poio.

Vostede pode gustar

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha