POIO ESCENA 2019 “Get Back”

O vindeiro sábado 27 ás 21h na Comunidade de Montes de Combarro comeza unha nova edición do Poio Escena chea de novidades. O ciclo de teatro disminúe o número de representacións para aumentar a calidade, convertíndose nun mellores certames de teatro afeccionado de Galiza.

A asistencia a cada obra deste ciclo é de balde mais hai un abono para todos aqueles que pensan en acudir a todas as obras. A Armadiña dispón de 20 abonos para repartir entre @s seus asociad@s. Se estás interesado, so tes que enviarnos un mail a asociacion@armadinha.gal reservando o teu abono. Todas aquelas persoas que acudan a todas as citas do Poio Escena 2019 poderán ser agasallados cun ABONO para CICLO VOICES 2020 (Pazo da Cultura) MATINÉS 2020 (Teatro Principal).

A primeira obra deste ciclo é “Get back” de Porta Aberta Teatro
SIPNOSE:
“Get Back” é o título da nosa nova obra do autor Diego Ameixeiras. Unha situación anecdótica pode ser o berce dunha nova vida.

Nun día rutineiro, no metro rutineiro, nun traxecto rutineiro e a unha hora rutineira atópanse cinco vidas totalmente diferentes pero unidos por un lugar común.

Ambientada no Londres rutineiro do século XXI, con Get Back veremos como unha parada temporal do metro pode converterse nunha viaxe ao pasado das personaxes. Unha mirada no seu interior a situacións que desexan cambiar pero non o conseguían. Unha simple parada da Bakerloo Line vai tratar de rectificar os seus erros no pasado.

Unha obra tremendamente actual para entreterse, escoitar, desfrutar e recoñecerse nunha das cinco vidas que se atopan no mesmo vagón da vida. Get Back é unha desas obras que deixa pegada como espectador, como actor e como director se nos deixamos levar no traxecto da Bakerloo Line.

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha