COMUNICADO DA ACDeM ARMADIÑA

Desde a ACDeM Armadiña emitimos o presente comunicado en resposta á agresión machista acontecida esta madrugada nas inmediacións da zona da acampada do Festival Armadiña Rock. Pola presente:

1.- Manifestamos publicamente todo o noso apoio á vítima da agresión e a nosa repulsa ante calquera tipo de violencia exercida sobre as mulleres.

2.- Lamentamos e condenamos que, unha vez máis, un evento festivo sexa o marco de vulneración dos dereitos das mulleres.

3.- Declaramos persoas non gratas aos agresores machistas e repudiamos un sistema patriarcal que normaliza, favorece e xustifica feitos coma este.

4.- Convocamos unha concentración urxente en repulsa á violencia machista para mañá luns 27 de agosto na Praza da Chousa ás 21:00 h. Facemos un chamamento para que todas as persoas, asociacións, colectivos, entidades e institucións apoien esta iniciativa.

ASOCIACIÓN ARMADIÑA: «XUNTAS, RESPECTADAS E LIBRES».

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha