Manifesto “XUNTAS, RESPECTADAS E LIBRES”

Manifesto lido onte na Praza da Chousa na concentración que se convocou como resposta á agresión machista acontecida o sábado nas inmediacións da acampada do Festival Armadiña Rock:

 

Estamos hoxe aquí para mostrar a nosa condena e repulsión á agresión machista acontecida a unha compañeira na noite do pasado sábado nas inmediacións da zona de acampada do Festival Armadiña Rock.

Desde a Asociación Armadiña queremos, en primeiro lugar, amosar o noso apoio incondicional á vítima deste suceso, e a todas as mulleres que cada día sofren violencia machista amparada nunha sociedade patriarcal que nos oprime.

Nestes momentos a vítima está desprotexida ante o agresor, que foi posto en liberdade horas despois, permitíndolle poder reincidir nos seus actos. Reclamamos unha xustiza que empatice coas mulleres e unhas leis que garantan os nosos dereitos.

Condenamos a complicidade dalgúns medios de comunicación cun sistema patriarcal que busca e ofrece xustificación baseándose nos comportamentos da vítima. O culpable dunha agresión sempre é o agresor. Lamentamos calquera intento de instrumentalizar e rendibilizar con fins partidistas estes feitos. A veciñanza de Poio é diversa e todas estamos no mesmo lado.

Compañeiras: a culpa non é nosa, pero recae sobre nós. Todas temos dereito a ir soas pola noite, vestirnos coma nos pete ou mesmo espirnos, consumir alcohol sen que ningunha persoa se escuse niso para xustificar unha agresión. NON É NON.

Esiximos de maneira urxente un cambio educativo de raíz para que as nosas crianzas se eduquen no respecto e na igualdade.

Somos conscientes de que hai voces que minimizan os feitos acontecidos argumentando que “non pasou nada”. Si que pasou, e NON FOI UN INTENTO, FOI UNHA AGRESIÓN. Un home considerou que tiña o dereito a acceder sen consentimento ao corpo dunha muller. Feitos coma este non poden quedar na invisibilidade e por iso estamos hoxe aquí.

Animamos a todas as mulleres a que visibilicen e denuncien esta lacra. Nesta loita estamos xuntas. Somos libres, afoutas e non temos medo.

Declaramos persoas non gratas a todos os agresores. Queremos festas libres e igualitarias para todas. «XUNTAS, RESPECTADAS E LIBRES».

 

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha