I TORNEO ARMADIÑA FÚTBOL 7
Coa chegada das boas temperaturas a ACDeM Armadiña síntese orgullosa de poder dar cabida a unha nova actividade dentro do seu ámbito deportivo. Trátase da celebración do I Torneo Armadiña de Fútbol-7 que terá lugar no Campo Sintético do Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos, en Poio, os días 15 e 16 de Abril.
O Torneo levarase a cabo cun mínimo de 24 equipos e un máximo de 32, formados por entre sete e doce xogadores cada un, tanto homes como mulleres maiores de dezaseis anos. Así mesmo a cota de inscrición é de 120€ por equipo máis un quilo de comida por xogador que irán destinados os servizos sociais do Concello de Poio.
A forma de inscrición e dirixíndose a organización mediante o teléfono de contacto (696.33.73.49), no evento do Facebook (I Torneo Armadiña Fútbol 7) ou mediante o correo electrónico (asociacion@armadinha.gal). A data límite para rexistrarse será o 10 de Abril, realizando o sorteo dos grupos o día seguinte, no lugar detallado pola organ
ización.
O Torneo realizarase en dúas fases: a fase grupal o sábado 15, composto por grupos de catro equipos e partidos de 20 min sen descanso, onde se clasifican os dous primeiros; e a fase final o domingo 16, con cruces dende octavos de final con partidos de dous tempos de 20 minutos.
O obxectivo da ACDeM Armadiña coa creación deste torneo é promover o deporte no Concello de Poio e a vida saudable. Isto faise posible grazas o patrocinio do propio Concello a través da Concellería de Educación e Deportes que cede o uso do campo de fútbol e a colaboración de Froiz con augas e froita para tódolos equipos.
Ademais os participantes terán a motivación extra de poder conseguir un dos catro premios colectivos que están en xogo e que se comprenden entre os 150€ e os 1400€ dependo dos equipos participantes. Así mesmo, tamén haberá trofeos para o primeiro e segundo clasificado, premio o máximo goleador e ó equipo máis deportivo, todos eles cedidos polo noso colaborador a Cafetería Tintanegra Bar-Tapas’n’Cocktails de Combarro, así como o sorteo a través de rifas de un vale regalo para a tenda Twinner Pontevedra.
Por último dar as grazas a Cafetería Aroma de Marín pola súa colaboración e os colaboradores anteriormente mencionados. Dende a ACDeM Armadiña desexamos converter o remate da Semana Santa en diversión, deporte e unha boa causa onde esperamos poder recoller unha gran cantidade de alimentos para os máis necesitados.