CURTAS ARMADIÑA 2018 PRESENTA OS SEUS OBRADOIROS

O certame audiovisual Curtas Armadiña, organizado pola ACDeM Armadiña,
presenta os obradoiros que terán lugar no marco da súa cuarta edición, que se
celebrará entre o luns 12 e o domingo 18 de novembro en Poio.

O luns 12 abrirá o certame o curso ‘Realizar e dirixir para as redes’ da man do
realizador Pablo Cacheda, no que os asistentes se achegarán á linguaxe audiovisual
actual a través de plataformas como YouTube e mais de Vines, Vlogs ou titoriais.
O martes 13, o realizador Jose Aragunde será o encargado de establecer os
fundamentos da iluminación nos traballos audiovisuais para que o alumnado poida
poñelos en práctica despois sobre unha serie de casos prácticos no obradoiro
‘Iluminación para o audiovisual’.
Para o mércores 14, a actriz, artista visual e performer María Roja propón en
‘1,2,3,1,2,3 e acción’ unha reflexión práctica sobre os procesos de creación no eido da
actuación ante e para a pantalla. Os asistentes entrenarán ferramentas de creación e
interpretación que permitan o diálogo corporal con dispositivos de gravación
domésticos a través de aplicacións tecnolóxicas.
Estes tres obradoiros terán lugar no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó en horario
de 19:00 a 21:00 e están abertos ao público xeral.
Para o sábado pola mañá, entre as 11:00 e as 13:00, a artista visual Alba Blanco
ensinará a cativos de entre 8 e 12 anos a acurtar a distancia entre corpo e tecnoloxía a
través dunha creación ben dinámica no curso titulado ‘Gravar e montar un vídeo: un
xogo espacial’. Tras atesourar pequenos rexistros visuais e sonoros, as crianzas
crearán unha peza colectiva intervindo unha instalación que funcionará como
programa de edición e montaxe audiovisual a escala física.

Todos os obradoiros son de balde. Para inscribirse, as persoas interesadas deberán
enviar un corre-e a curtas@armadinha.gal indicando título do obradoiro,
nome, apelidos, data de nacemento e teléfono de contacto. No caso do obradoiro para
crianzas, requírense tamén os datos da persoa responsable.

O certame Curtas Armadiña conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra, o
Concello de Poio, CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia) e a
bodega Paco&Lola.

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha