A Chousa é nosa, Portos rectificación.

PORTOS DE GALICIA NON AUTORIZA A REALIZACIÓN DA 4º EDICIÓN DO TORNEO SOLIDARIO ARMADIÑA 3*3 NA PRAZA DA CHOUSA DE COMBARRO

 

No día de hoxe a Asociación Armadiña recibiu a noticia da non autorización da cesión da praza da Chousa por parte de Portos de Galicia para a realización do  “TORNEO SOLIDARIO ARMADIÑA 3*3 DE FÚTBOL”.

Portos de Galicia restrinxiu na súa última normativa o número de actividades a realizar no dominio portuario ao que tamén pertence o centro neurálxico da nosa vida, a praza da Chousa. Con esta medida portos vai imposibilitar a realización da maioría de actividades cultural ou deportiva nesta praza, é dicir, os combarrenses non imos poder utilizar a nosa praza.

A Armadiña ten dúas actividades afectadas: o torneo de fútbol 3×3 e o xogos tradicionais. Mais tamén sabemos que este problema vai máis ala das nosas actividades e é posible que outras asociacións da nosa parroquia atópense ante o mesmo problema con outras actividades que veñen desenvolvendo.

Centrándonos na non autorización da praza para o torneo de fútbol, queriamos engadir que a celebración deste campionato é un feito moderno, cumpre a súa cuarta edición, mais ten a súas raices nas competicións estivais que se viñan celebrando en Combarro dende principios dos 80 cando a actual praza era unha explanada. A isto sumamos que dende o fútbol chegou a nosa vila, xogouse na que era antiga praia de Chousa competicións entre a veciñanza.

A Armadiña solidarizase con outros colectivos do noso Concello e de toda Galiza que se veñen atopando co mesmo problema ca nós: a denegación do permiso para a celebración dos seus eventos no centro da vila, a carón do porto por culpa dunha normativa que non ten sentido neste País.

A nosa asociación, coa axuda do Concello de Poio, vai realizar as alegacións oportunas para intentar até o último momento a celebración na praza da Chousa do campionato. Tamén faremos as xestións oportunas para solicitarlle a Portos de Galicia a retirada desta normativa que impide gozar da nosa praza, A Chousa.

Nos próximos días a Armadiña contactará con outras asociacións da nosa parroquia para sumar forzas e loitar para que na nosa praza se poidan seguir desenvolvemento as nosas actividades. Engadir que non descartamos realizar un chamamento a veciñanza de Combarro para facer unha concentración na propia praza para reivindicar que a praza da Chousa é de todos nós, porque:

“A Chousa é nosa, Portos rectificación”

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha