I Aberto de Billarda Vila de Combarro
O próximo sábado 8 de outubro ás 17:30 da tarde disputarase o “I Aberto de Billarda Vila de Combarro” no Parque da Memoria na Seca.
Este Aberto vai ser a primeira competición deportiva na que a ACDeM Armadiña presente un equipo propio billarda. Este deporte tradicional en auxa nos últimos anos conta con afeccionados entre os nosos asociados
Para este torneo a asociación conta coa colaboración a Concellaría de Cultura de Poio e a Liga Nacional de Billarda.
Lembramos que este torneo xa estaba programado para o pasado sábado 24 de setembro dentro dos II Xogos Tradiconais Armadiña mais a chuvia impediu a súa disputa.