Ricar gaña o I Aberto de Billarda
Ricar do Corredoiras gañou o I Aberto de Billarda Vila de Combarro. O palanador bueués encabezou a clasificación por diante de Chicho e Xan da Asociación Eco-Cultural As Bateas.
Neste primer aberto de billarda organizado pola Asociación Armadiña participaron máis de trinta persoas e significou o estreno da asociación Armadiña como combinado deportivo. Neste equipo formado por seis compoñentes destacou Moncho, o palanador de Combarro loitou por chegar aos cuartos de final.
O equipo de billarda da Armadiña debutará na 4ª xornada de Liga Nacional de Billarda – Conferencia Rias Baixas que se disputará o próximo sábado 15 de outubro en Marín.