II Xogos Tradicionais Armadiña

O próximo 24 de setembro na praza da Chousa (Combarro) a partir das 16:00 celebraremos a II Xogos Tradicionais Armadiña.
Nesta xornada de divulgación do xogo tradicional crearemos diferentes espazos para o xogo e a diversión:

Espazo Xandobeleira
É unha ludoteca que se compón dunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos.
Horario: 17:00 a 19:00

Espazo Divírtete
Espazo de xogos tradicionais para a diversión de toda a familia. Estará composto por: tirar a corda, trompo, comba, mariola, pano, brilé, os zancos, a corda, bolos celtas, o aro e a rá.
Horario : 16:00 a 20:00

Espazo Billarda
Dedicaremos un amplo espazo da praza para a práctica dun dos deportes tradicionais máis en auxe, a billarda. Contaremos coa colaboración da Asociación Ecocultural Bateas.

Horario: 16:00 a 18:30

Espazo Xogo do Pau
Exhibición e clase de iniciación ao Xogo do Pau pola xente de Gallaecia in Armis de Compostela.
Horario: 18:00 a 19:30

Espazo Loita Tradicional
Exhibición e clase de iniciación a Loita Tradicional galega a cargo do Club de Loita Tradicional Galega A Cambadela de A Estrada.
Horario: 16:30 a 18:00

Ás 18:30 e para rematar a xornada, disputarase o “I Aberto de billarda Vila de Combarro”.

 

Non tes nada que facer e queres pasalo ben? Ven.

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha