“Traballos de Amor Perdidos” de Carauta Teatro

O sábado 21 de novembro ás 21:00 na Comuninade de Montes de Combarro volta Carauta Teatro con “Traballos de Amor Perdidos” unha adaptación da comedia de  William Shakespeare. Esta representación teatral está incluída dentro da mostra anual PoioEscena.

Actores de Carauta durante unha función. Foto Susana Magán

A raiña de Navarra e tres das súas damas, xuraron non ver ningún  home durante tres anos e vivir unha secreta vida de estudo e sobriedade . A chegada do príncipe de Francia acompañado dunha embaixada para recobrar a rexión de Aquitania obriga  ás profesas a infrixir os seus votos e recibir ao principe e os seus cabaleiros
Actores: Raquel Rega, Javier Cabana, Alba Noia, Romina Bastón, Xabi Prieto, Suso Iglesias, Oliva de Allo, Olga Janeiro, Xosé Rial, Basi, Olalla Liñares, Lucía d’Arzúa, Merchi Iglesias, Mercedes Llerena, Antonio, Pilar Varela, Carmén Vázquez, Maruchi Díez e Paula Acherman.

Texto Orixinal: Love’s Labour’s Lost de William Shakespeare
Adaptación: Beatriz Bravo
Atrezzo: Carmen Vázquez
Instrumentistas: Olalla Liñares & Lucía d’Arzúa
Deseño gráfico: Xurxo Barcala
Dirección: Beatriz Bravo e Xurxo Barcala

Xabier Prieto actor de Carauta. Foto de Xosé Rial

TEATRO CARAUTA
O grupo de teatro amador Teatro Carauta naceu a principios dos anos 90 ao abeiro da asociación veciñal A Xuntanza do barrio de San Pedro en Santiago de Compostela. Na actualidade está dirixido por Beatriz Bravo e Xurxo Barcala.

Desde a súa creación ten representado obras de autores coñecidos (O Tartufo de Molière, A Cantante Calva de Ionesco, O Florido Pensil en adaptación de Tanttaka, Lisistrata de Aristófanes) como creacións propias (O Romance de Oliva, Volare, De Tiros e Outras Metrallas, Segredos de Familia e Licor Café, Shakespeare Low Cost).

“O amor cego é, non deixa ver aos amantes os disparates que comente no seu nome”
WILLIAM SHAKESPEARE.

Evento Facebook: https://www.facebook.com/events/174843202862574/

PoioEscena: https://www.facebook.com/events/174843202862574/

 

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha