XORNADA MICOLÓXICA

O sábado 20 ás 16:00 a ACDeM Armadiña organiza unha Xornada Micolóxica no Fogar da Armadiña (Baixada a Chousa 11).

Esta actividade ten como obxectivo afondar no coñecemento sobre os cogomelos existentes na nosa contorna. Para iso contaremos co experto Manuel Barreiro Lubián que a través dunha charla ensinaranos a identificar os fungos existentes no monte de Poio. Despois, realizarase unha saída(*) onde aprenderemos a identificar as diferentes especies que habitan as nosas fragas.

Para rematar, e grazas a colaboración de Hifas da Terra, realizase unha degustación derivados dos cogomelos ofrecidos por dita empresa no Fogar da Armadiña.

O número de asistentes a esta actividade e limitado, só dispoñemos de vinte prazas, así que animámosvos a inscribirse o antes posíbel. O rexistro podes facelo a través do correo electrónico asociacion@armadinha.gal ou a través do télefono 640620413 (Whatsapp ou Telegram). O prezo será de 2€ para socios da ACDeM Armadiña e 5€ para os non asociados.

(*) Para a saída o monte é preciso automóbil, así que é recomendable dispoñer del para poder chegar ao lugar escollido para a recollida de cogomelos. Se non dispós dun, non te botes atrás, coméntao con nos igua porque pode haber espazo nalgún vehículo.

You may also like...

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha