A chousa é nosa: só hai un camiño

A desafectación da Praza de Chousa é unha cuestión xurdida dende a asociación Armadiña, mais compartido con moitos outros colectivos como o noso que se ven afectados por este problema. Armadiña recolleu máis dun millar de sinaturas que demostran a importancia que a veciñanza lle da a “recuperación” da súa praza. A Chousa non é de todo nosa, como pode ser isto posíbel?

Nos últimos tempos vimos movementos interesados difíciles de entender. Na política municipal A Chousa non estivo a debate até que os colectivos sociais apoiados pola veciñanza puxérono sobre a mesa. Non é comprensible agora que se intente a confrontación nun campo onde non se mostrou interese previo. Non todo vale na política e non todo vale para a veciñanza.

Nos pedímoslle os partidos políticos de Poio que sumen e non dividan nesta cuestión. A desafectación da Chousa compete a tres administracións: Goberno do Estado, Xunta de Galicia e Concello de Poio. Casualmente as tres administracións gobernadas por un partido político distinto e con representación en Poio. Cando pedimos aos partidos políticos que sumen, significa que traballen para axilizar este tema o antes posíbel. Sabemos que é complexo, que se vai tardar anos. Que mellor que ir xuntos cara o mesmo obxectivo? Acaso non podemos poñernos de acordo en algo?

A semana pasada lemos na prensa que o PP comeza a confrontación na que xa apuntaba tempo atrás. Somos coñecedores que as eleccións están moi preto e advertimos, non queremos que Chousa sexa utilizada para a loita partidaria. Só imos pedirlle unha cousa ao partido que goberna a Xunta, axilizar o antes posíbel a desafectación de Portos de Galicia cara Costas. Isto sería sumar e a veciñanza estaríalle agradecida.

Para finalizar, indicar que Armadiña seguirá apostando pola creación dun movemento social amplo, xunto con outros colectivos, para continuar reivindicando que os espazos da Chousa sexan dos veciños e veciñas.

You may also like...

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha