Queres formar parte do Armadiña Rock?
Co 2017 á volta da esquina, a ACDM Armadiña comeza a preparar a novena edición do Festival Armadiña Rock.
O próximo venres 16 de decembro ás 20:30 horas terá lugar no noso local social unha reunión para organizar a COMISIÓN que levará a cabo as tarefas de xestión e organización do festival dende un inicio.
Paralelamente crearase un GRUPO DE TRABALLO que apoiará á Comisión na execución de traballos puntuais que hai que realizar ao longo do ano con carácter previo ao Festival, así como prestar a axuda necesaria nos propios días do evento.
Se queres formar parte da comisión ou do grupo de traballo ponte en contacto a través do seguinte enderezo electrónico: armadinha.rock@armadinha.gal
.