Retrincos de Castelao
O vindeiro sábado 10 de decembro ás 20:00 na Comunidade de Montes de Combarro, Culturactiva presenta aos cómicos Isabel Risco e Fran Rei en Retrincos de Castelao, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental da nosa historia. A través dun texto de Diego Rey, fan un divertido percorrido polo traballo deste intelectual, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo. Ofrécennos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces. A través dun ollo de vidro que dá nova forma á realidade, poderemos ser quen de presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra. Grazas a ese ollo seremos quen de comprender realmente a nosa historia e o noso presente.
Dirección: Diego Rey
Autor: Diego Rey
Elenco: Isabel Risco y Fran Rei
Duración: 55 minutos
Producción: Culturactiva SCG
Retrincos de Castelao é a última función do Poio Escena 2016 e encadrase dentro das actividades do Ano Castelao da Deputación de Pontevedra