ARMADIÑA ROCK: DEZ ANOS DE MÚSICA A PIQUES DE ARRINCAR

O Festival Armadiña Rock Estrella Galicia presenta a programación da súa décima edición nunha rolda de prensa na Praza da Rualeira.

Esta mañá tivo lugar na Praza da Rualeira de Combarro a presentación oficial da
décima edición do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia, que se celebrará nesta
mesma vila do 24 ao 26 de agosto. Nela estiveron presentes representantes da
asociación organizadora, ACDeM Armadiña, e principais patrocinadores (Concello de
Poio, Deputación de Pontevedra e Estrella Galicia).

Neste marco, Tamara Andrés e Afonso Vilanova, representantes da organización,
fixeron lembranza do percorrido do festival, presentaron a programación e incidiron
nas novidades desta décima edición. Este ano, alén de acoller a bandas estatais de
referencia como son La Pegatina ou Amparanoia ou de recibir proxectos referentes a
nivel galego, entre os que se atopan SES, Terbutalina ou a Banda Xangai, na que se
reúnen coñecidos músicos da música bravú, o festival ofrece a programación familiar
máis ampla de todas as edicións, que se estenderá ao longo de toda a vila para dotala
dun ambiente ben festivo. Tamén se instalará un punto morado na Praza de Chousa
no que haberá persoal especializado e no que se poderá solicitar información. Desde a
comisión tamén se fixo referencia ao éxito acadado polo spot ‘Con sentidiño’, un
vídeo ‘con toques fariñentos’ que se publicou hai unha semana co fins promocionais e
para o que a Asociación Armadiña contou coa colaboración da actriz Isabel Risco e
os realizadores J. Aragunde e Juan Barcia. En último lugar, destacouse a presenza de
mulleres músicas que pasarán polo escenario desta edición. A visibilización da muller
no sector musical é, precisamente, un dos obxectivos do festival, que tamén inclúe na
edición deste ano a exposición ‘Músicas galegas ilustradas’, un proxecto da tamén
música Laura Romero.

Pola súa banda, Xosé Leal, Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra,
destacou o carácter multidisciplinar do festival e definiuno como unha aposta pola
galeguidade e pola igualdade. Luciano Sobral, Alcalde de Poio, remitiu á necesaria
colaboración entre as institucións públicas e as entidades privadas e lanzou un
convite a un festival que, nas súas palabras, ‘vai atraer miles de persoas e é un
referente a nivel galego e estatal’.

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha