III EDICIÓN TORNEO ARMADIÑA FÚTBOL 3X3

 

 

Chegamos un ano máis cunha das nosas actividades preferida, a III Edición do Torneo Armadiña de Fútbol 3×3, que coma as anteriores edicións levarase a cabo na Praza de Chousa de Combarro o próximo sábado 29 de Xullo entre as 10:00 e as 22:00.

A diferenza de outros anos, este ano contaremos cunha categoría máis, quedando divididas da seguinte maneira:
– Nacidos entre os anos 2011-2008 (6-9 anos)
– Nacidos entre os anos 2007-2005 (10-12 anos)
– Nacidos entre os anos 2004-2002 (13-15 anos)
– Nacidos entre os anos 2001-1999 (16-18 anos)
– Nacidos antes do ano 1998 inclusive (Sénior)
*** Prazas limitadas ***

O prezo da inscrición por xogador será de 3€ para o público xeral e 1€ para os socios da Asociación Armadiña, ademais dun quilo de comida que será destinado os servizos sociais do Concello de Poio.

Os equipos deben ter un mínimo de tres xogadores e un máximo de catro.

A data límite para a inscrición e o domingo 23 de Xullo e o sorteo dos grupos realizarase o día 25 de Xullo as 20:30 na Cafetería Tinta Negra de Combarro.

Os datos a entregar por cada equipo serán:
– Nome do equipo
– Nome e apelidos de cada xogador
– DNI
– Data de nacemento
– Teléfono de contacto

O teléfono de contacto para realizar a inscrición é o 696.33.73.49 mediante o Whatsapp.

Como nas anteriores edicións haberá trofeos e medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría ademais de premio o mellor xogador de cada final e máximo goleador.

Este ano, como novidade sortearemos durante a xornada do torneo dúas camisolas, unha da Selección Española firmada polo xogador do Celta de Vigo, Iago Aspas e outra do FC.Barcelona firmada polo xogador Denis Suárez. As rifas custarán 1€ e poderanse mercar nos vindeiros días, estade atentos dado que publicaremos o lugar onde estarán expostas.

¡Animate e ven a xogar coa Armadiña!

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha