Disfunción continua presenta “Eran outros tempos, ou non?”
O vindeiro venres 26 de xuño ás 21:00 na Comunidade de Montes de Combarro volta o Poio Escena a Combarro. Desta vez contaremos co grupo Disfunción Continua (A Estrada) que representarán “Eran outros tempos, ou non?”. Divertida comedia que fará lembrar a moitos sobre a educación noutros tempos.
SIPNOSE
Cinco mulleres reúnense diante do público para recordar algúns dos episodios escolares que marcaron as súas vidas. A obra xoga entre dous planos temporais; o actual e mais aquel inesquencible curso de 1956-1957 nunha escola de nenas. Escena a escena imos coñecendo as clases de matemáticas, relixión, ximnasia, formación cívica, labores, economía doméstica e revivindo as ensinanzas nos valores propios da época. As alumnas buscan recursos para memorizar e evitar ser reprendidas polos mestres, fan unha visita escolar á emisora local e mesmo reciben a visita do inspector.
Duración: 80 min.
Director: Jouse García
Elenco: María Porto, Clara Iglesias, Beatriz del Río, Guillermina Pose, Sara Andújar, Natalia Carbajal, Alejandro Picallo, Manu Mougán e Manuel Rosende. (e… María Gaiteiro e Sabela Magariños)
Cartel: Miguel Carbajal
Se te queres divertir, xa sabes, acude ao teatro!
Podedes atopar máis información de Disfunción continua no seu blogue http://disfuncioncontinuateatro.blogspot.com.es/