A Armadiña recupera a tradicional Romaría na Renda

A ACDeM Armadiña organiza este domingo “A romaría na Renda” no lugar do Xuviño en Combarro. A Asociación retoma unha vella idea que tiña nun caixón dende que dou comezo a súa actividade no 2011. Trátase de recuperar unha tradición xa perdida, a romaría que se celebraba nos arredores da Capela da Renda durante a celebracións da Virxe da Gracia.

Chegou aos nosos días que nos arredores da Renda a veciñanza xuntábase nun xantar para a celebración da festa.  A asociación pretende converter en realidade os vellos recordos que nos transmitiron os nosos pais e avós.

A festa xirará arredor do xantar popular onde cada veciño ten que traer a súa propia comida. No campo da festa ademais haberá un posto da cervexa artesá Meiga, un polbeiro do Carballiño e a tradicional rosquilleira.

A programación da romaría será:
10:30 – Roteiro dos petroglifos. Saída da praza da Chousa e o seu percorrido levará até coñecer  os petroglifos do Xuviño.
12:30 – Sesión vermú : The Folkies Celtas
16:00 – Xogos populares para os máis pequenos
16:00 – Concerto: Pandereteiras de Ronsel

A Armadiña conta para a realización desta actividade coa colaboración da Concellaría de Cultura da Concello de Poio, a Deputación de Pontevedra a través do Pontegal e tamén da Comunidade de Montes de Combarro Rega dos Agros.

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha