Gran participación no II Torneo Armadiña de fútbol 3×3

O II Torneo Armadiña de Futbol 3×3 supera os pronósticos de participación achegándose aos 200 xogadores e xogadoras repartidos en 51 equipos. O campionato levarase a cabo da Praza da Chousa (Combarro), dando comezo ás dez da mañá do sábado día 30 de xullo e rematará ás 21:30 do mesmo día, habendo un descanso dunha hora ao medodía.
No día de onte no Casal de Ferreirós membros da comisión deportiva da Asociación Armadiña e a concelleira de deportes Marga Caldas, presentaron a actividade deportiva a cal se integra dentro da campaña “Poio Móvese” sendo a Concellaría de Deportes o principal colaborador. Tamén cabe salientar a colaboración das empresas Tintanegra, Regalos Alberto e Frutas Moncho.

Neste segundo ano manteremos a campaña benéfica que obriga a cada participante a doar un quilo de alimentos para os servizo sociais de Poio. Amais animamos a veciñanza a participar na campaña de de recollida de alimentos.

Como novidades nesta edición realizarase un sorteo dun pack de viños ofrecido por Regalos Alberto e unha cea para dúas persoas no Tintanegra.

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha