Sés, Nao e Tractor Troy no Armadiña Rock 2016.

A Asociación Armadiña confirma a presencia no Festival Armadiña Rock 2016 de Sés, Nao e Tractor Troy. Estas novas bandas únense ás xa anunciadas de Siniestro Total, Terbutalina e The Lakazans.

María Xosé Silvar, Sés, presentará en Combarro o seu terceiro disco “Tronzar os valos” onde a cantautora de A Coruña suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina. Sés, que estará acompañada de toda a súa banda, era unha das artistas máis solicitada pola nosa veciñanza, asi que, mostrámonos encantados de anunciar a súa contratación para o esta edición.

Nao é un das bandas de rock-metal máis consolidadas da Galiza, os de A Estrada tamén estrea neste 2016 un dobre álbum “Soñar”- “Crear”.  No 2014 levaron o Premio Martín Codax na categoría de Metal.

Os Tractor Troy farán tremer a Chousa co seu potente rock,  os de Pontevedra  mostrarannos “Perromadril” o seu primeiro álbum.

Lembramos que o Festival Armadiña celebrarase os próximos 26 e 27 na praza da Chousa de Combarro.

 

2

Vostede pode gustar

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha