“Consuelo ” de O Trasno Novo Teatro no Poio Escena
Unha nova escena do Poio Escena comeza este sábado en Combarro. Ás 20:30 no local social da Comunidade de Montes de Combarro O Trasno Novo Teatro ofreceranos a súa nova obra “Consuelo”.
Ademais o grupo vigués recollerá o premio do público do Poio Escena 2015. A sua obra “Conversas na cuneta mentras a vida pasa por alá fóra” encantou ao público de Combarro no marzo do ano pasado. A súa puntación 4,95 sobre 5, foi das máis altas tidas por un grupo de teatro no Poio Escena.
SINÓPSE
Consuelo non quería ser quen foi e á actriz que interpreta quizais lle pase o mesmo.
O Trasno segue co tema da muller: en 1998 foi “Unha muller, unha historia”, en 2004 “Muller..que?” e na última montaxe “Conversas…”.
Engadíuselle a posguerra e a “memoria”, xa que Consuelo está fundamentada, entre outros textos, no material utilizado na obra anterior.
Nace así un monólogo a dúas bandas, nun espazo de tempo moi pequeno, que abrangue os setenta anos de vida que Consuelo está a lembrar, con algúns ingredientes sorpresa ao longo dun espectáculo esencialmente textual.
Pretendemos con isto recuperar o texto no escenario, valora na súa medida a palabra
REPARTO
Lector: Xaime Costas.
Xornalistas:Ana Rodríguez e Sefi Romero
Actriz: Lucía R. Carballás
Consuelo: Mª Xosé González
FICHA TÉCNICA
Autoría: O Trasno Novo Teatro
Dirección e tramaturxía: Xaime Costas e Sefi Romero
Vestiario: O Trasno Novo Teatro
Maquillaxe: Miriam Costas
Luz e Son: Miguel Estévez
DIRECCION: Xaime Costas
DURACIÓN: 75′
DOAZÓN ENTRADA: 3€ Non soci@s E 1€ Soci@s