Presentación curso “Artes Florais”
Boas Armadi@s!!
Onte tivo lugar a presentación do curso “Artes Florais” no Fogar Armadiña.
Damos comezo con este curso á actividade continua. Xuntanzas, coloquios, roteiros e máis cursos/obradoiros dos que vos iremos informando.
Agardamos que sexa un lugar de xuntanza e convivio, aprendizaxe e que nos enriqueza de cultura.
Benvidos ao voso Fogar!!