Play Off de Billarda en Compostela
Xornada incrible vivida o domingo en Compostela. Palanadores de toda Galiza, compartindo o día billardeiro más importante da Liga Nacional de Billarda.
Reencontros anuais, novas caras, e máis rapazada no campo. Isto medra!!
Os podios da final da tempada foron os seguintes:
Categoría Absoluta: 1º Che 2º Juanma 3º Lito
Categoría Feminina: 1º Adriana 2ª Bego 3ª Tania
Categoría Infantil: 1º Juanma 2º Jose María 3º Martiño
Categoría Varados: 1º Tomás 2º Santi 3º Markytos
Categorías equipos: 1º Corredoiras 2º Lúa de Forza 3º Carabullo