Vermú Literario con Xurxo Souto

O próximo sábado 25 de abril ás 12:00 do mediodía visitanos o noso amigo Xurxo Souto. Presentaranos o seu libro “Contos do Mar de Irlanda” mediante unha performace interativa ÓCEANO PARA TERRÍCOLAS.

Durante a performance servirase vermú aos asistentes por xentileza de Nordersía. Este primeiro “Vermú Literario” está organizado pola nosa asociación en colaboración coa Concellaría de CulturaXG00224001

«As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos.
Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África.

Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte.

Prodixioso saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos.

Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na auga máis doméstica o Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego.

Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da Vella, a Ferradura agardan.
Está subindo a maré, ti non quedes varad@ en seco.

Xurxo Souto (A Coruña, 1966). En 1999 publicou a novela O retorno dos homes mariños, onde recupera un mito coruñés esquecido: os homes-peixe das ondas do Orzán. Ese mesmo ano edita cos Diplomáticos de Monte-Alto o disco Capetón, dedicado á epopea dos galegos por todos os mares do mundo. Foi director do programa Mil Ribeiras ( Radio Galega, 2006-2007). E agora, cos Contos do Mar de Irlanda, achéganos a un dos predios máis vizosos da cidade-atlántica: os salsieiros rabudos da auga do Gran Sol.

You may also like...

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha