Campaña Socios 2016

O Consello Xeral da Armadiña decidiu comezar coa Campaña de Socios do 2016 onde nos marcamos como obxectivo o de seguir aumentando a masa social da asociación.

Para este ano decidimos establecer, con carácter provisorio (*), unhas novas cotas de afiliación para o ano en curso que nos permita manter as actividades levadas a cabo no 2015.

CARNÉ FAMILIAR – 20€/ano
CARNÉ ADULTO INDIVIDUAL – 12€/ano
CARNÉ MOCIDADE – 6€/ano

Con respecto ao ano anterior, a asociación realiza unha subida de 2€ por persoa/ano. Consideramos unha subida accesible para toda a nosa masa social e que nos vai permitir manter o número de actividades con respecto o ano anterior.

Tamén indicar que creamos unha nova oferta para a nosa afiliación máis nova. Poderán acceder ao desconto do CARNE MOCIDADE aqueles asociados que se atopen entre 18 e 25 anos.

Podedes realizar o pagamento a través dunha transferencia a conta IBAN ES88 2080 5419 9430 4011 1495 poñendo como concepto o/s número/s de soci@/s e os nome/s da renovación. Os abonados que teñan a cota domiciliada, indicar que pasaremos o recibo de renovación nos primeiros 15 días de marzo.

(*) Estas cotas aprobadas polo Consello Xeral da Armadiña son provisorias e terán que ser ractificadas en Asemblea Xeral de Soci@s que se convocará nos próximos días. Mostrámonos abertos a todas as propostas que calquera afiliado nos requira sobre esta cuestión.  Podedes comunicarnos a través asociacion@armadinha.gal

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha