En marcha co Torneo de Fútbol 3×3
Onte comezamos a colada de cartaces para o Torneo Armadiña de Fútbol 3×3 no restaurante colaborador Tintanegra. O Torneo celebrarase o próximo 30 de xullo na praza da Chousa de Combarro.
Queres participar?
Pode participar calquera persoa entre a partir de 6 anos.
Que categorías vai haber?
Catro categorías mistas segundo as vosas idades:
a) 6 – 9 anos
b) 10 – 14 anos
c) 15 – 18 anos
d) Senior
Até cando podes inscribirte?
Aínda non se rematou o prazo de inscrición, faino a través dos teléfonos 636.069.424 ou 670.445.471, ou ben, a través do correo-e ola@armadinha.gal.
Indícanos:
a) Nome do equipo
b) Nome, apelidos e idade dos integrantes
c) Numero de tlfno dun delegado do equipo.
Ten algún custe?
2,5 € por persoa ademais da aportación de 1 kg de alimentos que serán doados para fins sociais.
Non agardes até ultima hora, se queres participar, faino canto antes e así facilitaranos a xestión.