Presentación da nova Xunta Directiva

Estimado/a socio/a

Na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado 21 de xaneiro na Escola do Campo de Combarro acordouse, por unanimidade, modificar a composición da Xunta Directiva da ACDM Armadiña, quedando constituida da seguinte maneira:

 Presidenta: Laura Currás Portela.

Vicepresidente: Oscar Fuentes Couselo.

Secretario: Jose Manuel Castiñeira Sartal.

Tesoureiro: Jose Manuel Maquieira Arosa.

Vogal: Xosé Rial Pérez.

Vogal: Francisco Acuña Casas.

Vogal: Manuel Pastoriza Freire.

Vogal: Luz María Fontán Franco.

Vogal: Sara Rea Maquieira.

Vogal: Alfonso Villanueva Esperón.

Vogal: Diego Piñeiro Gómez.

Vogal: Víctor Muñiz Calvo.

En nome da actual Xunta Directiva, aproveitamos a ocasión para facer un agradecemento especial a Xosé Ríal pola xestión levada a cabo nos últimos anos como presidente da Asociación, facendo da ACDM Armadiña un referente cultural máis alá do noso municipio.

Neste novo periodo que comeza, dende a Xunta Directiva desexamos manter a mesma liña de actuación seguida ata agora, promovendo a cultura e as manifestacións artísticas e deportivas, xerando diferentes alternativas de ocio e tempo libre de acordo cos nosos Estatutos, e intentaremos abrir novas liñas de actuación en áreas ata o de agora menos desenvolvidas como a ambiental e a patrimonial.

Agradecendo a confianza depositada en nós, quedamos a súa disposición para calquera suxestión ou proposta para mellorar a nosa Asociación e animámolo/a a participar de maneira activa en todas as actividades organizadas dende a ACDM Armadiña.

Reciba un cordial saúdo.

  

A presidenta,

Laura Currás Portela

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha