Sorteo de cestas de Entroido
A Comisión do Armadiña Rock sorteará catro cestas de entroido co fin de recadar fondos de cara ao festival. O prezo dos boletos serán de 2€ e poderanse atopar nos locais colaboradores: Bar Chousa, O rincon do cafe, Bar Catro camiños e Bar Castelao.
Resultará gañador das cestas o posuidor do boleto que coincida cos dúas últimas cifras do Primeiro Premio da Loteria Nacional do 28 de Febreiro do 2015.
Cada cesta está composta de:1 cacheira, 1 lacon, 1kg de chourizos, 1kg de panceta, 2 linguas de porco, 2 botellas de vño tinto, 2 rabos de porco, 1 botelo.