Poio Escena: “Teimas” de Disfunción Continua
O próximo día 23 de abril ás 20:30 na Comunidade de Montes de Combarro volve o Poio Escena da man do grupo Disfunción Continua de A Estrada.
Representarán a obra “Teimas” que se trata dunha comedia de enredo que se desenvolve na consulta do Doutor Teixeiro e á que van chegando unha serie de personaxes con cadansúa teima. Será capaz esta eminencia internacional da psicoloxía de axudarlles? A conversa entre os seis pacientes que agardan polo afamado doutor derivará nunha tola interacción chea de humor coa que máis de un se ha sentir identificado.
Director:Jouse García
Elenco:
María Porto – Camila
Clara Iglesias – Branca
Beatriz del Río – María
Guillermina Pose – Lilí
Natalia Carbajal – Ana
Gonzalo Valcárcel – Fred
Manu Rosende – Axudante
Duración: 75′
Non recomendada para menores de 16 anos.