MÁIS BANDAS PARA O ARMADIÑA ROCK 2019
O festival Armadiña Rock Estrella Galicia segue enchendo o cartaz da súa XI edición, a máis variada desde o 2009.
A organización do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia segue dando a coñecer as bandas e artistas que formarán o cartaz deste ano, a súa XI edición, a máis variada desde que comezou a súa andaina no 2009.
Heredeiros da Crus, Los Jinetes de Trópico, Familia Caamagno, Dios ke te Crew, Sote de la Ría, The Tetas´Van, Ukestra do Medio, Dj Beti de la Church, Falperrys, Uxía Lambona e a Banda Molona son as últimas pero non derradeiras bandas que se suman á edición deste 2019.
Nos próximos días publicarase o cartaz completo e proporcionaranse datos da acampada, coloquios e demáis actividades que a organización ten preparadas para esta edición.
O evento está organizado pola ACDeM Armadiña e subvencionado polo Concello de Poio e a Deputación de Pontevedra.