IV TORNEO ARMADIÑA DE FÚTBOL 3X3 REFAGAL
Estimado/a socio/a,
Chega unha nova edición do Torneo Solidario Armadiña de fútbol 3X3 Refagal e como cada ano convidámosvos a que participedes.
O primeiro é agradecer a apoio da concellería de Deportes do Concello de Poio e a Marga Caldas como o noso principal colaborador. A nosos novos patrocinadores, Refagal, como o principal, Reserpon e Cruceros Pelegrin. E non olvidamos os que levan todas as edicións con nós como son o Tinta Negra, o Poio Fútbol Sala, Soccerfactory e Espacio Dixital, sen todos eles este torneo non sería posible.
A intención da Asociación Armadiña e que o torneo siga a celebrarse na praza da Chousa como viu sendo até o de agora, pero tras o cambio de normativa de Portos de Galicia negando o uso das suas áreas para actividades non relacionadas co mar, seguimos a espera de que acepten o recurso presentado ante a sua negativa a solicitude presentada, no caso de que non se poda celebrar na Chousa pola negativa de Portos o torneo realizarase no campo de fútbol sintético da Reiboa tras haber chegado a un acordo para o seu uso co Concello de Poio.
A data para levar a cabo o torneo será o sábado 28 de Xullo de 10:00 a 22:00 horas, se os horarios o permiten terase o mediodía unha hora de descanso para a comida.
Seguindo a liña adoptada en anos anteriores, un dos principais motivos desta actividade e a recaudación de alimentos non perecedeiros para os Servizos Socias do Concello de Poio, polo que cada xogador/a deberá aportar mínimo un quilo de comida como parte da inscripción, inda que vos animamos a aumentar a vosa doazón así como a doar tanto o público como os veciños e lograr superar entre todos a cantidade de 500 quilos recadado o ano pasado.
A inscrición completarase co pago de 3€ para os non socios e de 1€ para os socios da Asociación Armadiña. Tanto a comida como o diñeiro de todos os integrantes dos equipos entregarase na mesa da organización antes da disputa do primeiro partido de cada equipo, de non cumplirse dito pago supondrá a non participación do equipo no torneo.
Nesta cuarta edición as categorías serán:
– De 6 a 9 anos (2012-2009)
– De 10 a 12 anos (2008-2006)
– De 13 a 15 anos (2005-2003)
– De 16 a 18 anos (2002-2000)
– Seniors (anteriores a 1999)
O prazo de inscrición rematará o domingo 22 de Xulio, realizando o sorteo dos grupos o martes 24 de dito mes. O número de equipos por categoría será limitado.
Os datos necesarios para a inscrición son:
– Nome do equipo
– Nome e apelidos de cada xogadora ou xogador (mínimo 3 e maximo 4 por equipo).
– DNI de cada xogador/a (fotografía cara dianteira)
– Teléfono de contacto (1 por equipo)
Cómo novidade para esta edición decidimos cambiar os premios do torneo quedando da seguinte forma:
– Trofeo para os 3 primeiros equipos de cada categoría.
– Medallas para tod@s os participantes.
– MVP de cada categoría.
Por último o igual que os anos anteriores teremos un sorteo a través de venta de rifas nos bares da vila, a confirmar nos próximos días, os días antes do torneo e seguiremos vendéndoas o día do torneo na praza da Chousa. O prezo de cada rifa será de 1€ e sortearemos os seguintes premios:
– Camisola do Atlético de Madrid asinada polo primeiro equipo.
– Camisola fútbol sala primeira división.
– Camisola do Poio fútbol sala asinada polo primeiro equipo femenino.
– Balón fútbol sala Kelme.
– Cea no Tinta Negra para dúas persoas.
– Estuche de viño Alvariño Regalos Alberto.
Agardámosvos a todos nesta IV edición do Torneo Solidario Armadiña de fútbol 3X3 Refagal.