Inaguración do ” FOGAR ARMADIÑA “
Prezado/a socio/a:
Temos o pracer de comunicar que o próximo venres, día 13 de xullo, abriremos as portas do local social da asociación, “ FOGAR ARMADIÑA”.
Convidámoste á festa de inaguración que vai ter lugar no propio local, situado na baixada á Chousa, número 11, a partir das 20:00 horas.
Coa colaboración da Deputación de Pontevedra, gozaremos dun espectáculo de maxia a cargo do “ Mago Paco”, e de seguido dunha sardiñada (cortesía de Pescados VIXA) todos xuntos no noso fogar, punto de encontro de todos os armadiñ@s.
Agardamos da túa presenza, tí formas parte !!!