I Concurso de balcóns, patíns e solainas

Os próximos días 26, 27 e 28 de agosto terá lugar o I Concurso de balcóns, patíns e solainas do Recinto Histórico Artístico de Combarro, organizada pola ACDM Armadiña en colaboración co Concello de Poio, a través da Area de Rehabilitación Integral de Combarro (ARI Combarro).

Encadrado dentro da programación do Festival Armadiña Rock, dito concurso pretende poñer en valor os beneficios socio ambientais da recupación dos balcóns, patíns e das solainas como elementos vivos do Recinto Histórico Artístico de Combarro, no marco da tradición e cultura de Galicia, implicando á veciñanza no seu coidado e ornamentación mediante a utilización, preferente,  de prantas autóctonas e/ou elementos relacionados coa cultura mariñeira e agrícola da nosa terra (camelia, rosal, redes, cestos artesanais…).

Os premios correspondentes a este I Concurso de balcóns, patíns e solainas serán de 150 e 80 € para o primeiro e segundo clasificado respectivamente, así como un diploma acreditativo. Os criterios de valoración basaranse na orixinalidade da composición, calidade ornamental, armonía do conxunto, adaptación ao entorno e o  uso de elementos autóctonos.

A entrega de premios terá lugar o domingo 28 ás 13:15 h. na praza da Rualeira de Combarro.

As inscricións deberán realizarse na Oficina de Turismo sita na Escola do Campo de Combarro ata o día 24 de agosto.

Bases do concurso e inscrición

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha