Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as
Estimado/a socio/a
De acordo co disposto nos artigos 27 e seguintes dos Estatutos da ACDM Armadiña, práceme convocalo/a á Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as que terá lugar o 18 de marzo de 2017 ás 20:00 h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, na Escola do Campo de Combarro, co seguinte orde do día:
-
Aprobación da acta anterior.
-
Presentación e aprobación das actividades do ano 2017.
-
Presentación e aprobación do orzamento do ano 2017.
-
Rogos e preguntas.
A presidenta,
Laura Currás Portela