Bases do sorteo das Rifas 2016

1.- O presente sorteo está organizado pola ACDeM Armadiña, asociación sen ánimo de lucro válidamente constituída, e con CIF G-94.037.223.

2.-  O presente sorteo ten por finalidade a recadación de fondos para contribuir a sufragar os gastos derivados das actividades da asociación.

3.-  Pode participar no sorteo calquera persoa física que adquira un boleto/rifa  de participación, pagando o correspondente prezo de un euro (1,00 €).

4.-  Poñerase á venda novecentos noventa e nove (999) boletos/rifas. Cada boleto/rifa servirá como xustificante da venda do mesmo e como comprobante á hora de reclamar o premio.

5.- Cada boleto/rifa contén un n��mero de tres cifras, que é o que o/a poseedor/a xoga.

6.-  O premio do sorteo consiste nunha estancia para dúas persoas en Viana do Castelo (Portugal norte) no Hotel Axis Viana (4*) co programa “Saborear en parella”, que inclúe os seguintes servizos:
–    Unha noite de aloxamento e almorzo buffet.
–    Habitación con vistas ao río e tratamento Vip de benvida.
–    C��ctel de benvida no bar do hotel.
–    Cena especial con bebidas incluidas.
–    Acceso libre ao Spa (piscina dinámica, sauna, ba��������o turco e zona relax) e ao Club de Saúde (piscina e gimnasio)
–    Uso de albornoz e zapatillas.
–    Saída ata as 15:00 horas (baixo dispoñibilidade).

O premio poderá ser disfrutado, baixo dispoñibilidade,  entre o 5 de setembro e o 23 de decembro do ano 2016. Calquera gasto supletorio aos servizos anteriormente descritos correrán a cargo da persoa agraciada.

En ningún caso o premio poderá ser cambiado polo seu valor en metálico.

7.-  Resultará premiado o boleto/rifa cuxo número coincida coas tres últimas cifras do primeiro premio da Lotería Nacional do 3 de setembro de 2016.

8.-  O/A poseedor/a do boleto/rifa premiado disporá dun prazo de 15 días naturais para reclamar o premio a través do enderezo electrónico da asociación: asociacion@armadinha.gal. O transcurso do prazo sinalado sen recibir comunicación ningunha supoñerá que o premio quede  deserto, quedando en poder da ACDeM Armadiña.

9.- O premio será entregado no local social que a asociación dispón na parroquia de Combarro (Poio). Os gastos de desprazamento derivados da entrega do premio correrán a cargo do/a agraciado/a. En ningún caso se realizar������ o envío do premio por medio de paquete postal nin a través de empresas de mensaxería ou similiares.

10.- O/A agraciado/a do premio terá que presentar, para recoller o premio, o orixinal do boleto/rifa, non sendo v����������lidas as fotocopias, boletos/rifas tachados, rotos ou enmendados.

11.- O nome da persoa agraciada do sorteo así como canta informaci��n relativa á entrega do premio será publicado previa autorización do interesado/a, e con carácter publicitario, na páxina web www.armadinha.gal e nas redes sociais de Facebook e Twitter.

12.- As presentes bases estar��n expostas na páxina web do Festival Armadiña Rock: www.armadinha.gal.

13.- A participaci��n no sorteo supoñerá a aceptación das presentes bases.


Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha