Bases das rifas do Armadiña Rock

Rifas_armadiña_2014

A ACDeM Armadiña sorteará unha fin de semana na casa rural “Aldea Os Muiños” en Rianxo. Os boletos poderán comprarse na tenda oficial do Armadiña Rock que durante as Festas do Mar estará instalada na praza de Chousa. Esta é unha das medidas que a comisión organizadora do Armadiña Rock determinou para financiar o Festival.

Bases do sorteo

1.- O presente sorteo está organizado pola ACDeM Armadiña, asociación sen ánimo de lucro válidamente constituida, e con CIF G-94.037.223.

2.- O presente sorteo ten por finalidade a recadación de fondos para contribuir a sufragar os gastos do normal desempeño das actividades da asociación.

3.- Pode participar no sorteo calquera persoa física que adquira un boleto/rifa de participación, pagando o correspondente prezo de un euro (1,00 €).

4.- Poñerase á venda novecentos noventa e nove (999) boletos/rifas. Cada boleto/rifa servirá como xustificante da venta do mesmo e como comprobante á hora de reclamar o premio.

5.- Cada boleto/rifa contén un número de tres cifras, que é o que o/a poseedor/a xoga.

6.- O primeiro premio do sorteo consiste nunha fin de semana na casas rural “Aldea Os Muiños en Rianxo. Dito premio non poderá ser cambiado polo seu valor en metálico.

7.- Resultará premiado co primeiro premio o boleto/rifa cuxo número coincida coas tres últimas cifras do primeiro premio da Lotería Nacional do 30 de agosto de 2014.

8.- O segundo premio do sorteo consiste nunha guitarra eléctrica asinada por “Los Suaves”. Dito premio non poderá ser cambiado polo seu valor en metálico.

9- Resultará premiado co segundo premio o boleto/rifa cuxo número coincida coas tres últimas cifras do segundo premio da Lotería Nacional do 30 de agosto de 2014.

10.- Todos os boletos/rifas vendidos dan dereito a un desconto do 20% en habitación doble con almorzo para dúas persoas no Hotel Xeito (Combarro) entre o 15 de setembro a 31 de outubro de 2014

11.- O/A poseedor/a do boleto/rifa premiado disporá dun prazo de 30 días naturais para reclamar o premio a través do enderezo electrónico da asociación: asociacion.armadinha@gmail.com. O transcurso do prazo sinalado sen recibirse comunicación ningunha supoñerá que o premio quede deserto, quedando en poder da ACDeM Armadiña.

12.- O premio será entregado no local social que a asociación dispón na parroquia de Combarro (Poio). Os gastos de desprazamento derivados da entrega do premio correrán a cargo do/a agraciado/a. En ningún caso se realizará o envío do premio por medio de paquete postal nin a través de empresas de mensaxería ou similiares.

13.- O/A agraciado/a do premio terá que presentar, para recoller o premio, o orixinal do boleto/rifa, non sendo válidas as fotocopias, boletos/rifas tachados, rotos ou enmendados.

14.- O nome da persoa agraciada do sorteo así como canta información relativa á entrega do premio será publicado previa autorización do interesado/a, e con carácter publicitario, na páxina web http://asociacionarmadinha.wordpress.com e nas redes sociais de Facebook e Twitter.

15.- As presentes bases estarán expostas na páxina web do Festival Armadiña Rock: http://asociacionarmadinha.wordpress.com. A participación no sorteo supoñerá a aceptación destas bases.

You may also like...

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha