Volve o ciclo de vermús literarios ‘Un ronsel de historias’

A ACDeM Armadiña organiza por terceiro ano consecutivo un ciclo de vermús literarios para festexar o mes das letras galegas. Todas as sesións terán lugar a partir das 12:00 na Praia do Padrón e celebraranse o sábado 4, o domingo 12, o domingo 19 e o sábado 25.

O sábado 4 de maio presentarase o libro ‘A casa do paralelo 54’, editado por Galaxia. Estarán presentes Iria Collazo, autora, e Luz Beloso, ilustradora. Dado que a obra se enmarca no xénero infantoxuvenil, a conversa estará conducida polas pícaras da asociación Ainhoa Fariña Fontán e Sabela Padín Abal.

O domingo 12 de maio, a filósofa Carme Adán presentará ‘Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión’, editado na colección Feminismos de Galaxia, acompañada por Almudena Acuña Casas

O domingo 19 de maio será a quenda da poesía. Cristina Corral Soilán presenta ‘Ficar’, poemario editado polo selo Urutau, na compaña de Tamara Andrés.

Finalmente, o sábado 25 celebrarase o vermú de honra. O convidado desta edición será Andrés Dacosta, quen presentará o libro ‘Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro’, editado polo Concello de Poio, no que o autor elabora un percorrido por un dos elementos claves para comprender a historia da vila. O autor estará acompañado polo catedrático e investigador Rafael Vallejo.

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha