Visita ao observatorio de Cotobade
Logo da imposibilidade de realizar o ano pasado esta actividade debido ás condicións meteorolóxicas, comprácenos informar de que o vindeiro venres 17, se o tempo o permite, temos previsto facer unha visita ó “observatorio astronómico de Cotobade”.
A visita será de 23:00 a 00:30 tendo en conta a maiores os desprazamentos, que serán en vehículos particulares, pero cunha saída programada en grupos dende Combarro que máis adiante indicaremos.
A visita non ten ningún tipo de custe, máis a xestión do observatorio levao unha asociación sen ánimo de lucro, Asociación Sirio, que se financia con colaboracións alleas. Dende o consello da ACDeM Armadiña propoñemos a cantidade simbólica de 2 € por visitante para deste xeito colaborar con eles.
As prazas son limitadas, polo cal agradecemos a tódolos interesados que así o manifesten cunha breve resposta ao enderezo electrónico asociacion@armadinha.gal.
(*) Se aínda non fixeches a renovación do teu carné de asociado, aínda estás a tempo, fai o ingreso da cantidade correspondente a túa categoría na conta. IBAN ES88 2080 5419 9430 4011 1495
(**) Lembrámos as cotas:
CARNÉ FAMILIAR – 20€/ano
CARNÉ ADULTO INDIVIDUAL – 12€/ano
CARNÉ MOCIDADE – 6€/ano (para aqueles que estean entre 18 e 25 anos)