TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO, HIGH PAW & ELEPHANTS YARD E BALKAN BOMBA NO ARMADIÑA ROCK ESTRELLA GALICIA

O Festival Armadiña Rock Estrella Galicia segue sumando bandas ao cartaz da súa XI edición, que terá lugar en Combarro os días 23, 24 e 25 de agosto.

A ACDeM Armadiña publicou esta semana nas súas redes sociais as bandas que seguen enchendo o cartaz do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia deste ano. A organización aposta por unha ampla mestura de xéneros: rock, ska, punk, soul,  reggae,… achegando así as diferentes formas da cultura musical á vila de Combarro e a súa contorna.

Súmase ao cartaz Triángulo de Amor Bizarro, unha das grandes apostas desta edición. Os de Boiro son unha das bandas máis prestixiosas do rock alternativo (indie-rock, noise-rock, punk-rock,..) do Estado. O seu estilo persoal con ritmos frenéticos, enchen os festivais máis importantes da Península.  Tras 15 anos sobre os escenarios, TAB é un dos grupos máis sólidos da escena galega, é unha aposta segura para o Armadiña Rock 2019.

High Paw & Elephants Yard serán as encargadas de poñerlle o punto reggae ao festival. High Paw é unha das artistas galegas máis prometedoras, a cal se xuntará coa experiencia dos Elephants Yards.  Veñen á Praza da Chousa para facernos gozar coa voz desta “singjay” viguesa, que tamén aportará un punto soul ao festival.

Mesturando o ska, rock e folclore da Europa do este, chegarán a Combarro desde Toledo os Balkan Bomba, banda que cambiou os campos de fútbol por os escenarios, espallando festa por donde pasan.

O Armadiña Rock Estrella Galicia 2019 celebrarase en Combarro do 23 ao 25 de agosto. Está organizado pola ACDeM Armadiña, e conta co apoio do Concello de Poio e da Deputación de Pontevedra.

 

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha