Romaría na Renda 2018

A ACDeM Armadiña celebra a Romaría na Renda co fin de recuperar un evento que supuña un gran festexo para a veciñanza do Xuviño, de Combarro e de toda a contorna. Tras o éxito acadado na primeira edición, a Armadiña organiza por segundo ano unha xornada onde o único obxectivo é crear convivio.
Pola mañá haberá un roteiro que sairá de Combarro e onde xs romeirxs poderán escoitar os relatos do pobo da man dos seus protagonistas ou coñecedores. Ao chegar ao lugar Renda, as crianzas poderán participar nunha xincana de xogos nos que mergullarse nas historias locais e, por suposto, pasalo moi ben (Falcatruada eventos y montajes). Á hora do vermú, as rapazas de OÎMA porán a banda sonora da festa, e para a hora do xantar haberá polbo, churrasco, viño, cervexa Meiga e rosquillas á venda. Podedes traer tamén comida da casa, e instrumentos!
Á tardiña actuarán as Pandereteiras do Ronsel (Ronsel Sartal) e o Grupo de baile Armadiña, que contará coa compaña da Escola de música tradicional de Poio.
O I Premio ao mellor mantel é a novidade deste ano. Lembrade as antigas romarías, cos manteis despregados polo chan… Collede o que vos pareza máis orixinal, bonitiño, divertido… Ao mellor levades unha sorpresa! 😉

Organiza: ACDeM Armadiña
Colabora: Concello de Poio

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha