O DÍA DAS ESTRELAS da Billarda

A festa da billarda congregará en Poio aos mellores palanadores e palanadoras de toda Galiza este sábado. O evento rematará con actuacións de Peter Punk e Blues do País.

 

Como cada ano a Liga Nacional de Billarda celebra “O día das Estrelas” a festa anual da billarda que nesta edición celebrase por primeira vez no Estadio Nacional de A Reiboa (Poio).

 

A cita deportiva unirá nunha mesma competicións a máis do centenar de palanadores e palanadoras das tres conferencias existentes no País – Rías Baixas, Norleste e Noroeste – sendo unha boa oportunidade de medir forzas antes da fase final que se disputarán no mes de maio en Compostela.

 

A cita deste sábado 17 de marzo comezará ás 12:00 cos torneos de “golpeo triplo e perimetral” onde os participantes máis técnicos demostrarán a súa pericia no dominio do palán e a billarda sobre a terra da Reiboa.

 

Xa pola tarde, a partir das 16:00 comezará o “Aberto das estrelas”, un dos torneos máis agardados por todo palanador/ra da Galiza ao estar en disputa unha praza para a final da LNB.

 

Ás 19:30, unha vez rematada a competición deportiva,  será o momento da diversión. O Día das Estrelas completarase con actuacións de:  Peter Punk Pallaso e Blues do País.

 

Peter Punk é un dos artistas máis destacados do País, as súas actuacións gozan dunha grande acollida tanto nos máis pequenos coma nos adultos. E para rematar a festa, degustarase o blues galego con raíces no Mississipi de “Blues do País”.

 

A asociación Armadiña anima a toda a veciñanza a gozar dun dos deportes máis en auxe nos últimos anos no Concello, así como, acompañarnos da festa final con humor e boa música.

 

Engadir que a competición está organizada pola Conferencia Rías Baixas da LNB  da man do equipo de Poio da asociación Armadiña. Esta competición conta co apoio da Deputación de Pontevedra e do Concello de Poio – Poio Móvese. Tamén patrocina o evento a Bocatería/Pizzería A Reiboa.

 

Poio, 16 de marzo do 2018

 

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha