Maio Armadiña 2015

Conseguímolo, participamos no concurso de Maios de Poio, foi duro mais ‪#‎praseroprimeiroano‬ saiunos moi ben. Non gañamos nada, referímonos a que non acadamos ningún premio do concurso, mais de houber outras categorías, coma maio máis florido ou maio máis divertivo, estamos seguros de acadariamos a vitoria.

Os nosos nenos sonche marabillosos, fixérono moi ben, cantaron coma anxos e tocaron coma estralas do rock, estamos moi orghullosos deles. Ensaiaron durante un mes con mestres de categoría e ese traballo viuse reflectido na súa actuación. Moitas grazas a Ainhoa, Manu, Hugo, Sabela, Nerea, Elisabeth, Dorian, Nicolás, Mila, Teresa e Rebeca. IMG_20150501_104043

Queremos agradecer a todas as nais o seu traballo, foi un pracer compartir a creación do maio armadiña. Estamos seguros de que grazas a elas gañamos o premio dos máis divertidos, esperamos que sexa só o comezo dunha intensa colaboración.

Tamén agradecemos a todos os socios/as, amigos/as e veciños/as que nos axudaron nestes días, grazas a vós, Combarro participou nos maios 2015.

IMG_20150430_153214

Os maios de Poio son auténticas obras de arte, había unha calidade impresionante, noraboa aos premiados Maré Podium, Pimpín, Fontenla, Chupipandi e especialmente a Boureante.

Para rematar queriamos indicar que coas nosas coplas quixemos unicamente criticar ao poder, como sempre se fixo. A nosa sátira nunca quiso ofender nin insultar a ninguén. Se houbo alguén que se sentise ofendido, pedímoslle desculpas dende a ACDeM Armadiña.

#praseroprimeiroano ven orghullosos estamo!

Para o ano voltamos!

Descarga as coplas do maio Armadiña

You may also like...

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha