III Aberto de Billarda “SAN XOÁN”
O próximo sábado 22 de xuño, terá lugar no Campo Oficial de Billarda da Reiboa (A Seca), o III Aberto de Billarda San Xoán.
No aberto participarán palanadores e palanadoras dos diferentes equipos da conferencia Rías Baixas e demáis conferencias, así como toda persoa que se atreva a darlle duro ao palán e mandar a billarda cara o varal.
Dará comezo ás 16:30 horas, non perdas a oportunidade de probar o deporte que practicaban xs nosxs avós e avoas, agardamos por ti!!