II Romaría na Renda ( Programación)

A ACDeM Armadiña programa para o domingo 9 de setembro a segunda edición da Romaría na Renda (Xuviño, Combarro). A asociación levou á realidade o ano pasado por vez primeira unha idea que tiña desde hai tempo: recuperar unha tradición xa perdida, a romaría que se celebraba nos arredores da Capela da Renda durante a celebracións da Virxe da Gracia e que toda a veciñanza lembraba como unha gran festa do lugar.

A festa xirará arredor do xantar popular onde cadaquén poderá aportar a comida que queira. No campo da festa haberá polbo, churrasco, cervexa Meiga, viño e rosquilleira. Para animar a que os veciños e veciñas despregen manteis sobre o campo, tal e como se facía doutrora nas romarías, a ACDeM Armadiña creou o ‘Premio ao mellor mantel’, que será otorgado á peza que conte con máis elaboración, que sexa máis orixinal ou que se insira no marco da historia local.

A programación da romaría será:

10:30 – Roteiro das historias. Saída da praza da Chousa.

12:30 – Falcatruada para crianzas. Xincana de xogos baseados nos relatos e distintos aspectos da realidade local

13:30 – Sesión vermú co grupo OÎMA

Tamén actuarán as Pandeireteiras do Ronsel e o Grupo de baile Armadiña, que contará coa compaña da Escola de música tradicional de Poio. Para a realización desta actividade, a ACDeM Armadiña coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Poio.

 

Agardamos por todxs vós!!!

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha