II EDICIÓN DO FESTIVAL CURTAS ARMADIÑA

A segunda edición de Curtas Armadiña, festival de curtas creado en Poio, celebrarase do 18 ao 20 de novembro no Casal de Ferreirós. Este certame, organizado pola ACDeM Armadiña e a Concellaría de Cultura da localidade, ten por obxectivo ofrecer un espazo de valorización da curtametraxe, así como fomentar a creación deste tipo de obras no sector audiovisual galego.

Este ano, o festival componse de dúas seccións: a sección oficial, na que se deron cabida a curtametraxes dun máximo de  20 minutos realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2015 e rodados nas linguas oficiais de España (de non ser o caso, as obras debían enviarse subtituladas ao galego ou ao español) e na sección de memoria histórica, destino de proxectos audiovisuais dun máximo de 30 minutos realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2013, subtitulados ao galego ou ao castelán no caso de que esta non fose a súa lingua principal e no cal o argumento debía «mostrar o esforzo consciente dos grupos humanos por entroncar co seu pasado, sexa este real ou  imaxinado, valorándoo e tratándoo con especial respecto».

O festival comezará o 18 de novembro ás 19:00 h cunha conferencia sobre as orixes do cinema en Galicia a cargo de Severiano Casalderrey. Tras esta charla introdutoria proxectarase Miss Ledya, obra de Xosé Gil considerada o primeiro filme de ficción galega, a quen Casalderrey poñerá música ao vivo. Miss Ledya narra a chegada a Pontevedra de Miss Ledya Katson e do seu tío, ambos procedentes dos Estados Unidos, e a súa estancia na Illa da Toxa. Entre os actores de reparto  destaca a presencia do escritor galego Castelao. Esa mesma noite, a partir das 22:00h, proxectarase o primeiro grupo de curtametraxes: Nebra, Un día perfecto, Kataneta, Cuenta con nosotros, La niña que notaba algo raro, Vida en Marte, reStart, Abre fácil, Postales e 77K.

Durante a segunda xornada de proxeccións, o festival ofrecerá dúas sesións nas que se exhibirán dúas listaxes de curtametraxes diferentes. O sábado pola tarde, a partir das 19:30 h, as obras proxectadas serán MMM, Preso de Guerra, ¿Cuánto pesa un oso polar?, Sen palabras, La habitación, Share o no share e Mírame. No pase nocturno, que comezará ás 22:00 h, os asistentes poderán gozar da Noche de Todos los Santos, Sr. X, Una vez, 1 minutito, Criaturitas, Propiedad privada, Visados, Saying, Gótico Pi, Ladrones de tiempo e Macho alfa.

O domingo pola tarde, tras unha mañá na que Flip Corale entregará ao festival a súa clave de rock, chegará a última sesión de proxeccións, na que figurarán Al llau del pozu, Lurna, El préstamo, Love is in the air, Un lugar, Monstruos, El trastero e Cartas a Superman. Ás 19:30 h, baixo a dirección da actriz Bea Campos, dará comezo a gala na que se entregarán os premios del festival: a Áncora Castelao, premio de 300 € á mellor obra de memoria histórica; a Áncora de Prata, dotada con 250 € e concedida polo público; e a Áncora de Ouro, galardón de 500 € outorgado polo xurado desta edición, composto por Nano Besada, María Vázquez, Daniel Froiz, Adrián González e Sergio Pazos, grandes referencias do cine e da televisión galega. A cada un das tres obras premiadas se lles fará tamén entrega dunha peza escultórica realizada polo artista local Chuco Briones.

Máis información:

1. Páxina oficial: http://curtas.armadinha.gal/
2. Facebook: https://www.facebook.com/curtas.armadinha/?fref=ts
3. Twitter: https://twitter.com/curtasarmadinha?lang=es
4. Díptico:  https://www.dropbox.com/s/mv6qi067vdrsm0q/D%C3%ADptico_A5_Armadi%C3%B1a_Curtas_16_v4.pdf?dl=0
5. Cartel: https://www.dropbox.com/s/fc80hocgdxy93b4/armadi%C3%B1a_curtas_2016_v4_Castelao.jpg?dl=0
6. Banner:https://www.dropbox.com/s/3xheldl6cxa4k99/Curtas_Armadi%C3%B1a_2016_Banner.jpg?dl=0curtas_armadina_2016_banner-web

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha