I Certame de Curtametraxes Armadiña

A ACDeM Armadiña xunto a Concellaría de Cultura de Poio organizan o I Certame de Curtametraxes Armadiña a celebrar do 28 a 29 de novembro no Casal de Ferreirós de Poio.

Dada a magnitude do evento, a asociación Armadiña acaba de abrir un portal web http://curtas.armadinha.gal onde, ademais de ler as bases do concurso, os interesados poderán inscribirse no concurso até o vinteiro 31 de Outubro.

A gala de entrega dos premios realizarase o 29 de novembro e nela os participantes finalistas poderán acadar o :

  • Premio Mellor Curtametraxe: 500 € (ao que se aplicará a correspondente retención do IRPF) + Trofeo
  • Premio do Público – Concello de Poio: 250 € + Trofeo

O trofeos serán dúas peza escultórica  realizadas  polo artista de Combarro Chuco Briones.

Nos próximos días a organización comunicará os membros do xurado do certame.

 

Armadiña Curtas v4

You may also like...

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha