EVA FERNÁNDEZ, PREMIO CURTAS ARMADIÑA 2018

O certame Curtas Armadiña, na súa edición 2018, outórgalle o premio especial á actriz ourensá
Eva Fernández co obxectivo tanto de poñer en valor o seu gran talento como actriz como de resaltaro feito de ter interpretado numerosos personaxes femininos que reivindican e loitan polos seus dereitos. Así mesmo, desde a dirección do certame quérese destacar a sensibilidade, a xenerosidade e a humildade que imprime a actriz a todos aqueles acontecementos que a rodean e a implicación coas causas sociais, algo que puidemos constatar no discurso que ofreceu no marco das festas deSan Xoán no Concello de Poio.

Eva Fernández iniciouse de xeito público no eido da interpretación audiovisual dando vida a
Rosalía Pereira, filla de Miro e Balbina na recoñecida serie da TVG Pratos combinados. Tamén
participou noutras existosas series desta mesma canle, entre as que cómpre destacar Mareas vivas, As leis de Celavella (onde interpretou a Matilde, papel co que gañou o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista no ano 2003), Luci, Padre Casares ou Vidago Palace.Traballou nos filmes Ilegal, de Ignacio Vilar, Rafael, de Xabier Bermúdez, e tamén en A lingua das bolboretas, de José Luis Cuerda.

Fóra das nosas fronteiras, participou nas series estatais El Súper, Piratas, Cuéntame como pasó ou El Ministerio del Tiempo. O seu papel máis recente é o de Esther Lago na serie Fariña, traballo que lle serviu para consolidar unha traxectoria ben sólida, afouta e fondamente traballada.

O festival Curtas Armadiña terá lugar en Poio do 12 ao 18 de novembro en diferentes espazos de Poio. A entrega deste premio, xunto ao resto de galardóns do certame, celebrarase o domingo 18 a partir das 19:00 horas no Casal de Ferreirós. O festival Curtas Armadiña está organizado pola ACDeM Armadiña e conta co patrocinio do Concello de Poio e a Deputación de Pontevedra e coa colaboración de CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia) e a bodega Paco&Lola. Toda a información do certame pode consultarse a través da súa páxina oficial (http://curtas.armadinha.gal/) e as súas redes sociais.

You may also like...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. Máis Información

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Pecha